domingo, 26 de novembro de 2017

TEATRO

MES DE TEATRO

Este mes de novembro, o alumnado de sexto, disfrutou de dúas funcións teatrais. A primeira foi no Pazo da Cultura de Narón e a obra titúlase "LÚA": Unha obra que fai reflexionar sobre as fronteiras, as desigualdades, a violencia, ...





No colexio tamén poidemos presenciar a obra: "O VALO" creada por Pallasos en Rebeldía".

Dous actores interveñen no espectáculo "O valo" , baseado no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Cómpre ter en conta que o conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a abandonar o país na procura de refuxio noutros lugares, entre as que se achan moitas menores. "O valo" é unha obra escrita en homenaxe a todas elas, para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan os seres humanos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario