sábado, 31 de xaneiro de 2015

FACEMOS PRÁCTICAS CON MESTURAS

















PROXECTO ECOSISTEMAS




















EXCURSIÓN A CORUÑA
O luns día 12 de xaneiro fumos de excursión a A Coruña. A primeira parada foi no Museo do Home ou a Domus. Vimos un documental en 3D sobre a construción dun Boing (un avión). Visitamos as distintas exposicións: ósos, utensillios de cociña, inventos... Habia moitos xogos de habilidades. Un deles consistia en poñer a mente en branco e intentar desprazar unha bóla ata o lado contrario. Ás doce e media chegamos á Casa dos Peixes Visitamos a sala Nautilus, que estaba dedicada ao capitán Nemo ("Vinte mil leguas de viaxe submarino-Julio Verne"). O que mais nos gustou foi o tiburón toro. Tamen visitamos unha sala onde se podían distinguir distintos ecosistemas mariños. Aprendimos a inportancia da acuicultura como base da alimentación. 
No exterior estaban as focas e unha poza con raias.
Son impresionantes as vistas do mar e o romper das olas.
A pena foi non ter máis tempo para ver todo isto con máis calma.



xoves, 29 de xaneiro de 2015

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO  EN CONTEXTO DIXITAL


Hoxe, 14 de xaneiro veu ao noso cole unha rapaza do País  Vasco, chamada Miren. Falounos da violencia de xénero en contexto dixital.

Aprendimos un vocabulario moi específico.
-Grooming: Facerse de amigo de alguén para obter imaxes comprometidas.
-Sexting: Conseguir imaxes de contido sexual.
-Sextorsión: Chantaxear coa publicación das imaxes .
-Cyberbulling: Acoso a través das redes sociais.

Tamén aprendimos que hai moitas formas de conseguir as imaxes dos nosos móbiles. Nos collen o móbil, por bluetooth, wifis abertas e descargas con play store.