luns, 24 de novembro de 2014

CHARLAS SOBRE OS PERIGOS DAS DROGAS E SOBRE A IGUALDADE

Nestes días tivemos a visita dun representante da garda civil e dunha especialista sobre a igualdade. O garda civil falounos sobre as drogas legais e ilegais, o  concepto e a forma na que afecta ao noso corpo. Quedamos moi avisados dos perigos de aceptar agasallos de descoñecidos. AS DROGAS DESTRUEN A TÚA VIDA E A DA TÚA FAMILIA.

Unha rapaza chamada Cristina, falounos sobre a igualdade. Tratamos os temas de corresponsabilidade, os estereotipos e o machismo. O mellor foi cando nos puxo un video dun anuncio de Puntomatic. Aparecían homes bailando ao ritmo dunha canción moi graciosa.
Previamente á charla completamos unhas enquisas sobre o traballo doméstico.
NÓS CREMOS NA IGUALDADE, E TI ?






luns, 10 de novembro de 2014

                               A  CASA DO AVÓ

    O día 6 de novembro fumos o teatro, ao auditorio de Narón.

    A obra titulábase "A casa do avó", é da compañia TANXARIÑA TÍTERES.

    Roberto recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante tal inxustiza quixo buscar unha solución. Buscaba unha fonte máxica, pero polo camiño atopou un caracol sen cuncha e moita xente. Cando chegou o día do desafiuzamento, o avó ía entregar as chaves, pero... de repente xuntouse unha morea de xente que fixo que os poderosos ( Ca-Pi-Tal ) fuxiran, e o avó e o caracol recuperaran as súas casas.

  TODOS XUNTOS SOMOS GRANDES.





venres, 7 de novembro de 2014

O DERRADEIRO MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosto e samaín no colexio. Para nós vai ser a última celebración, xa que todos contamos estar no próximo curso no Instituto.
Contamos co espectáculo de maxia de CHRISTIAN MAGIC . Foi divertido sobre todo a parte na que participaba Miguel.
Despóis do mago, houbo unha actuación de halloween dos nenos e nenas de quinto.
Frances, que é a auxiliar de conversa americana, fíxonos un postre chamado Ollos de zombie. Estaba boíiiiiiisimo. Grazas Frances.
Ao final castañas asadas para todos. Estiveron con nós os pais e nais.


 PABLO  E SOFÍA CALVO
 RAÚL E MARTÍN PEREZ
 ROI E NOA GOLPE
VÍCTOR E ESTELA RUGGERI







XIARAN PENA PIÑEIRO


Os alumnos de sexto e quinto fomos os encargados de picar as castañas.