sábado, 28 de xuño de 2014

BOAS VACACIÓNS 

Disfrutade do verán, tédelo ben merecido.
 Unha aperta moi forte da vosa mestra.


SEMANA DAS CIENCIAS

Para rematar o curso, disfrutamos con experiencias: a lata máxica, a lata equilibrista, ...


















xoves, 19 de xuño de 2014

                  EXCURSIÓN  A  SOTAVENTO 

 O día 10 de xuño fumos de excursión a Sotavento (Parque experimental de enerxías renovables).
 Polo camiño vimos moitas vacas e un corzo.
 Cando chegamos ensináronnos unha presentación das enerxías.Vimos o interior dun eólico, visitamos unha casa bioclimática, placas solares...e ao final fixemos un xogo de pistas.
                                     
                                                  PASÁMOLO XENIAL !













luns, 2 de xuño de 2014

OBRADOIRO DE RECICLADO

Neste mes tivemos un obradoiro moi interesante, ensináronnos a reciclar botellas de plástico e papel. As monitoras chámanse Donatella e Chiara e, como podedes apreciar polos seus nomes, son italianas. Ensináronnos a facer unha lámpada e uns xogos.





domingo, 1 de xuño de 2014

NORABOA A CARLA

Felicitamos a Carla polos seus éxitos no atletismo. Logrou o terceiro posto nos XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS EN IDADE ESCOLAR. CAMPIONATO PROVINCIAL. Segue así campiona.


FOFUCHAS2

OBRADOIRO FOFUCHAS

As fofuchas son unhas bonecas que se fan cun material chamado goma-eva. Temos que darlle moitas graza a Lidia Pérez, por todo o seu traballo e dedicación e por ensinarnos tan ben. MOITAS GRAZAS
obradoiro fofuchas - Movie Maker