domingo, 16 de febreiro de 2014

consumo de auga


Obradoiro sobre o consumo da auga 

O día 3 de febreiro, visitáronnos uns " científicos " estudiosos da auga .

 Primeiro falaron sobre a proporción de auga salgada e doce que hai no planeta e logo sobre as formas en que podemos atopar esa auga . Explicaron tamén o ciclo da auga .

 Para rematar xogamos a Aqua -reto .








xoves, 6 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ (30-01-2014 )

O venres, despois do recreo, xuntámonos todos para celebrar o día da PAZ.
   Construimos un puzzle-mandala que representaba a unión de todas as razas e habitantes do mundo.
    Os alumnos e alumnas de terceiro recitaron uns poemas e ao final cantamos a canción "Lluvia de amor".

conto

CONTO : OS TRES PORQUIÑOS 

Estamos inmersos nunha actividade nova que consiste en preparar versións de contos que logo levamos ás aulas dos pequenos . Ata agora fixemos unha versión de  "Os tres porquiños`` e encargáronse das escenas : María ( narradora ) , Brian ( lobo ) , Carmen ( porquiño 3 ) , Clara (porquiño 1 ) , Uxía  ( porquiño 2 ) e Víctor (tendeiro ) .

Parece que lles gustou, así que seguiremos con outros contos .