xoves, 26 de decembro de 2013


MAÑÁ DE COCIÑA

O día 19, estivemos preparando o postre para o pincho do Nadal.
Fixemos biscoitos de nata, mazá, brownie, biscoito de dúas cores , costrada de mazá. 
Usamos receitas recollidas de Eva Arguiñano e tamén de Larpeiros. Esperamos que vos gustase.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA 

Hoxe, 17 de decembro, viñeron uns monitores para explicarnos un progama relacionado ca alimentación, en concreto cas conservas do mar.
Fixemos un xogo que consistía en  acertar preguntas sobre o medio mariño. Ao final preparamos uns bocatas moi ricos.  Levaban de todo: atún, mexilóns, sardiñas, queixo, cenoria...
QUE RICO !!!!





luns, 16 de decembro de 2013


CONCURSO POSTAIS 2013


taller ciencia1

BIOTECNOLOXÍA DE ÁRBORES FORESTAIS




Unha investigadora de EXPER_I_CIENCIA CSIC  veunos  explicar a biotecnoloxïa das árbores, a clonación.
 Ensinounos unha presentación de como clonaban as plantas no seu laboratorio. É moi importante a esterilización, para evitar que medren as bacterias e o fungos. Usan un aparato chamado autoclave.

O que máis nos gustou foi a seguinte experiencia:
Usamos pinzas, bisturí e tubos de ensaio. Sacabamos a árbore do tubo de ensaio, quitábamos as raíces, as follas e logo cortábamos as ramiñas en anacos pequenos. Cada un deles colocabamolo nun tarro que tiña unha substancia parecida a xelatina. Pasamolo moi ben e aprendimos moito.





xoves, 12 de decembro de 2013



          OS TRES "R": REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR



         O 22 de Novembro, uns técnicos de Sogama, viñeron ao cole para explicarnos a importancia da reciclaxe. Os nosos compañeiros de sexto, tamén estiveron na nosa aula para escoitar a charla.


   Explicáronnos:

-Como clasificar os residuos: PLÁSTICO, PAPEL, VIDRIO, ETC...

-No contenedor amarelo: Van os envases de plástico, os briks, e as latas.

-No contenedor azul : Van os papeis (non vale papel machado de graxa) e o cartón.

-No contenedor xenérico : Vai o papel manchado, pelas das froitas e verduras (estas tamén poden ir para o compost) e todo tipo de residuos orgánicos.

-No iglú verde: Os envases de vidrio. Ollo! non botar cristal, que non é o mesmo.

-Coidado cos materiais perigosos : pilas, fluorescentes. Deben ir en contenedores especiais, ou depositalos no Punto Limpo. Tamén aqui debemos levar os enseres ( mobles , electrodomesticos ...)

NON ESQUECER :REDUCIR , REUTILIZAR E RECICLAR .
                                                                                  COIDEMOS  O PLANETA
                                                                                       
                                           

DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS


Para remate da festa degustamos moitas castañas. Foron asadas no comedor por Anxo e Gloria. Ao final os pais e nais estiveron con nós.

HALLOWEEN

( Ou noite de tódolos Santos ) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de octubro.
A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas.
O rapaces disfrázanse para a ocasión e paséanse polas rúas pedindo doces de porta en porta.
Despois de chamar às portas os rapaces pronuncian a frase``Truco ou trato´´ ou ``  Doce ou trato´´
que provén da expresión inglesa. ``Trick or treat´´.

A celebración máis achegada en Galicia ao  Halloween  é o Samaín. Polas vésperas do Día de Defuntos cóllense cabazas e fanse con elas caras aterradoras cuns ollos e un nariz abertos. Estas cabazas iluminadas colocábanse sobre os valados ou nas encrucilladas, para asustar ós camiñantes.







REFRÁNS DO MAGOSTO

Cando rematou o mago os nenos e nenas de 5ºe 6º de primaria recitamos a modo de rap uns refráns sobre o magosto. A nosa compañeira Xiaran tocou a gaita .





EXPOSICIÓN DE CABAZAS


Dende o día 4 ao 8 de Novembro houbo unha exposición de cabazas.Todos os nenos e nenas participaron ca axuda dos seus pais e nais. Logo ocorreusenos facer unha votación para elexir a máis vistosa. Depositamos o noso voto na urna e estes foron os gañadores:

mércores, 11 de decembro de 2013

A ÁRBORE MÁXICA


No noso cole temos un mural moi especial. É unha paisaxe cunha árbore sen follas. Cada ano convirtese en algo diferente. Este curso é unha árbore máxica. Cada clase fixo unha froita para decorar cada rama. Hai figos, peras, mazás, noces, landras e as castañas que fixemos nós. Tamén hai unha parra de uvas ao seu carón .

venres, 29 de novembro de 2013

Poemas de outono

Como estamos en outono, estamos un pouco lánguidos e a nosa profe convirteunos en poetas. Fixemos poemas do magosto, do outono, ... e con todos xuntos elaboramos un mural.

Un dos poemas que máis nos gustou foi o da poetisa XIARÁN:

OS COLARES DE CASTAÑAS

Sopra o vento en outono,
está chegando o magosto.
Caen os ourizos,
canta o pombo.
Voan as follas dos castiñeiros.
Xogan os nenos,
apañan as castañas
E fan colares no palleiro.




xoves, 28 de novembro de 2013

CHARLA: "Perigos de Internet"

Neste trimestre xa fixemos unha gran variedade de actividades.
No mes de outubro visitounos un representante da garda civil, que nos explicou os perigos de internet.
LEMBRADE NENOS E NENAS:
Non dar información persoal que poida comprometernos a nós ou a nosa familia.
Coidado ca cámara web do noso ordenador (poden estar vixiándonos)
Non dar nunca o contrasinal.
Coidado cas fotos que subimos...

luns, 25 de novembro de 2013

CURSO 2013/14

Ola a todos e todas. Somos os alumnos e alumnas de quinto de primaria do Ceip Eladia Mariño. Iniciamos unha nova experiencia ca creación deste blog. Intentaremos plasmar aquí moitas das actividades que estamos a facer neste curso.